Mostrando entradas con la etiqueta movie. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta movie. Mostrar todas las entradas

viernes, 21 de octubre de 2011

CONCURSO CARTACES DA EoiCINE 20011

Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega da Escola Oficial de Idiomas da Coruña, de Santiago de Compostela e do Conservatorio Profesional de Ferrol convocan o Concurso de cartaces para anunciar o festival de curtametraxes CinEOI Coruña Curtas 2012.

Pode participar o alumnado dos seguintes centros educativos:

Escola Oficial de Idiomas da Coruña e as súa extensións
Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela e as súas extensións
Conservatorio Profesional de Música de Ferrol

BASES DO CONCURSO

I. TÉCNICA: libre (lapis, tinta, grafito, colaxe, relevo, ilustración dixital, etc.), tendo en conta que debe permitir a súa lexibilidade, reprodución e impresión e que, de feito, ten que ser entregado en formato dixital A3
II. Deberán poder incluír os logos dos diferentes organizadores e/ou colaboradores.
III. TEMA: libre, mais deberá aparecer o elemento do cinema ou comunicación audiovisual.
IV. IDIOMA:galego.

2. Cada concursante poderá presentar un só traballo, que entregará a través do enderezo electrónico revistafalamus@gmail.com ou na conserxería do Cmus Xan Viaño ; indicando nun arquivo adxunto o nome do autor, centro, curso e profesor/a.

3. A data límite para a entrega das obras será o 17 de Novembro de 2011. 4. O xurado estará composto por membros dos ENDL dos centros participantes e terá en conta a creatividade e a relación co tema proposto.

5. Premios: un xurado formado por membros dos equipos de normalización dos distintos centros concederá 2 premios:

1º premio: 70€ ( Vale para tenda de material informático, audiovisual e libros)
2º premio: 50€ en material musical
Haberá agasallos para todos os participantes.
O xurado poderá declarar desertos todos ou algún dos premios se non se acadase unha calidade axeitada 6. Os traballos premiados serán empregados para publicitar o Festival CinEOI Coruña Curtas 2012 e os gañadores ceden todos os dereitos aos organizadores
7. A participación neste concurso supón a aceptación destas bases.