miércoles, 14 de diciembre de 2011

ENTREGA PREMIOS



Os gañadores recollendo o premio á mellor idea para o guión do documental que realizaremos este curso.
Agora cumpre elaborar un guión no que participará un grupo de alumnos/as de grao profesional.
Parabens!!!

lunes, 12 de diciembre de 2011

GAÑADORES DO CONCURSO DE IDEAS PARA O DOCUMENTAL DO PROXECTO DE INNOVACIÓN


O gañador do primeiro premio é Alejandro Nores Fernández e o segundo é compartido por Carolina Calvo Salgado e Jorge Trillo Valeiro.
A entrega farase esta tarde ás 7.30 no auditorio do conservatorio Xan Viaño, no trascurso das audición de alumnos.
Parabens!! e anamádevos a seguir paraticipando nas actividades do centro.

viernes, 9 de diciembre de 2011

PELI FEITA CUN MÓBIL


CINE Chega ás pantallas a primeira película rodada integramente cun móbil

A veterana Gena Rowlands protagoniza «Olive», dirixida por Hooman Khalili e rodada coa cámara integrada nun Nokia N8.

Un cineasta independente en Estados Unidos realizou o que se supón é a primeira longametraxe filmada enteiramente cun teléfono móbil.

A actriz Gena Rowlands encarna o papel principal da insólita película, cuxo estrea está previsto para a semana próxima en Los Ángeles.

Olive, unha película de 90 minutos sobre unha nena que cambia as vidas de tres persoas sen dicir unha palabra, foi filmada completamente polo director Hooman Khalili cun teléfono multifunción Nokia N8, que ten unha cámara integrada de alta resolución e ao que se lle adaptou un lente de 35 mm para obter maior profundidade de campo.

«A tecnoloxía avanza moi rapidamente e os móbiles, que xa están a facer moito, co tempo farán todo», dixo Khalili, que comezou a preproducción do filme o ano pasado.

Por iso, o director estadounidense emprendeu «esta carreira para realizar a primeira película cun móbil», dado que sabía que alguén o faría tarde ou cedo.

Aos Óscar

Na web oficial do filme poden verse os cinco primeiros minutos de Olive , que xa está a causar sensación antes do seu debut en Los Ángeles nun teatro de cine independente o 16 de decembro, o que a fai elegible para os próximos premios Óscar que se entregan en febreiro.

En fotografías colgadas na rede social Flickr do cineasta -quen tamén conduce un programa de radio en San Francisco-, vese o teléfono pegado con cintas a un trípode, unha lente de 35 mm e un visor, nunha imaxe que evoca un aparatoso 'Transformer' cinematográfico.

«É tecnoloxía pioneira», dixo o director desde San Francisco. «Claro, a nosa lente pode parecer grande e torpe, pero así é como son as primeiras xeracións en tecnoloxía».

A película custou menos de 500.000 dólares e foi financiada por Chris Kelly, ex executivo de Facebook, e William Ou'Keeffe, un filántropo de San Francisco.

Extrañamente, o xigante finlandés Nokia non participou no proxecto: «Enviáronme un teléfono», dixo o director, «pero desde marzo de 2011 non volvín escoitar nada deles, desapareceron».

Pero detrás da innovadora peripecia técnica que supuxo crear un filme cun móbil, está a delicada historia que narra, avalada pola actriz estadounidense de 81 anos Gena Rowlands.

A actriz dúas veces nomeada ao Óscar «non o fixo por diñeiro, senón porque participaba do espírito independente do proxecto e gustáballe a idea de participar na primeira película filmada cun móbil», afirmou Khalili.

«Enviámoslle o guión e díxome: 'Leo seis guións por semana e talvez fago unha película por ano. Este guión é moi bo, pero necesito que me convenzas de que faga a película'. E eu senteime diante dela e durante unha hora e media abrinlle o meu corazón», relatou o director, de 37 anos.

Khalili dixo haberse inspirado na película The Triplets of Belleville (2003), un filme animado onde ninguén fala «pero todo transmítese perfectmente».

Esa cinta fíxolle pensar en «o marabilloso que sería ter un personaxe central que non falase pero a quen se lle entendese todo o que intenta comunicar», explicou.

Así chegou á historia dunha nena de 10 anos que «transforma as vidas de tres persoas: unha amargada anciá (Rowlands), un home obeso e un estranxeiro que non consegue adaptarse a Estados Unidos», agregou Khalili, quen dirixiu e escribiu a película xunto a Patrick Gilles.

«Cada un de nós afúndese nun pozo nalgún momento da súa vida. A forma de saír dese pozo é que alguén estenda a súa man e sáqueche, que alguén sente contigo e escóiteche falar», dixo Khalili sobre o rol que cumpre a nena nas vidas destes tres personaxes.

No proxecto traballaron unha ducia acodes que fixeron «de todo un pouco» -afirmou o director- e que agora esperan recadar 300.000 dólares a través da páxina web de microfinanciamiento Kickstarter, a fin de poder proxectar a película en 100 salas de cine antes de Nadal.

Polo momento, con todo, só obtiveron pouco máis de 30.000 dólares. «Necesitamos un pequeno milagre», dixo o cineasta.

sábado, 3 de diciembre de 2011

CONCURSO CARTACES DA EoiCINE


A alumna da EOI de Santiago, Tania Gómez Mourelle, acadou o segundo premio. Este será entregado pola EDLG do Conservatorio Xan Viaño.

jueves, 1 de diciembre de 2011

domingo, 6 de noviembre de 2011

ARTIGO DE MANUEL RIVAS

Nas linguaxes son moi interesantes os chamados falsos amigos. Así, na lingua eslava que se fala en Serbia nada significa esperanza. Ou o que é o mesmo, para dicir "teño moita esperanza" debes dicir que tes moito de nada.

Temos queimados os equipos. Os de normalización lingüística, botan fume por cada poro

Quen me explica esta irónica casualidade é un mozo chamado André Ferreiro da Cunha, un portugués profesor da facultade de Filoloxía de Belgrado e tamén animador de moitas iniciativas nos eidos da cultura e da información, un amante da diversidade, con amizades en Bosnia, Croacia, Kosovo e Serbia, e que anda a tecer fíos e reconstruír pontes por medio da literatura nesta parte do mundo onde o odio escachizou as vidas e tamén a memoria.

André Ferreiro é un portador de esperanza aló por onde anda. Este ano, a feira do libro de Belgrado, a máis importante dos Balcáns, está dedicada ás literaturas dos países de lingua portuguesa. Inaugurada polo mozambicano Mia Couto, acoden autores de moi diversas procedencias xeográficas. Que é o que partillan? Para André Ferreiro é moi sinxelo de responder. Estamos na facultade, nun coloquio co profesorado, e vai el e sinálame:

-Somos os seus netos. Os netos do galego-portugués.

Así que, ao pouco, paso a ser coñecido neste círculo universitario e literario co alias de Manuel Galego Portugués, condición que levo con moito orgullo e fachenda e mesmo algo de nada, é dicir, de esperanza. Porque André, e a súa moza, Maia, que naceu nese recanto onde se xuntan os ríos Sava e Danubio, son xente que coñecen e gozan a cultura da Galiza, non como un vello mesón de folk, senón como un espazo onde as palabras e a música crían e recrían, onde levedan novas expresións, agasallos que fan parte do que merece ser inventado e partillado polo mundo adiante. Isto non é o que diga eu, dino eles. E din máis: "Perde medo, Manuel. O galego não morrerá, aínda que ele quixer". Na facultade de Filoloxía teñen a idea de pór en marcha un lectorado de lingua galega. Non sei se terán apoio, mais á fin o importante é a súa esperanza.

Velaí os galeguistas, penso. Os que cultivan a un tempo o saber e a esperanza. Craig Patterson, John Rutheford, Giuseppe Tavani, Erin Moure, Jonathan Dunne, David Mackenzie, Paloma León... Quen son eles? Son os nosos xustos. Ás veces penso que existe unha xustiza poética que fai que por cada baleiro que provoca o abandono dos autóctonos hai unha persoa sensíbel mundo adiante que acode cunha árbore da vida na man.

O peor incendio que está a padecer Galicia / Galiza é o que se leva por diante a esperanza.

Dicía hai pouco na radio un paisano ao que preguntaban sobre unha operación de salvamento dun ser querido que desaparecera no mar: "Ter temos esperanza, mais é unha esperanza negativa". Ao paso que imos, e que nos levan, vaise dar a ironía inversa e que para dicir "esperanza" diremos "nada".

A infernal racha de incendios no primeiro ano da coalición de socialistas e Bloque puxo ao Goberno presidido por Touriño contra as cordas. Mesmo, como símbolo, a casa presidencial estivo a piques de arder. Déronse unhas condicións no tempo que levaron a situación ao máximo risco (as suma dos tres factores no límite 30: vento, calor e seca). E logo, que non parecían poucos, os que prendían as mechas. Mais daquela, a dereita opositora que exercía sen compaixón, atribuíu a racha incendiaria a un desleixo gobernamental, malia figurar á fronte da loita contra incendios co conselleiro probabelmente máis competente do período autonómico, o señor Suárez Canal. Detrás do lume, nada de redes de intereses, nada de incendiarios. A culpa era de Touriño e compañía, e acabouse o conto. E aí apareceron Feijóo e mais o daquela veraneante Rajoy coa mangueiriña na man.

Isto dos políticos ten o seu lado cómico, mais non o lume, non. A loita contra os incendios esixe unha intelixencia común e un grande entendemento a longo prazo, tanto nos medios a utilizar, a lexislación a aplicar e a posta en marcha dunha vez dun plan ecolóxico para o agro e os montes galegos. Unha obriga que non se pode adiar. Cada ano que pasa sen facer nada, equivale a unha década que se perde. Porque o modelo ecolóxico non é incompatíbel co aproveitamento económico. Pola contra, pode facer o espazo rural moito máis rendíbel, ademais de ser un hábitat de benestar e non un lugar do que foxen novos... e vellos. Por que non se fai? Por que se abandonou a liña aberta na época de Suárez Canal? Porque non hai nada. Quero dicir, esperanza.

Temos un país queimado. Non só os montes de Ourense e algunhas outras bisbarras.

Temos queimados os equipos e as equipas. Os equipos de normalización lingüística, por exemplo, eses botan fume por cada poro. E non me estraña. Como vas traballar no ensino oficial a prol dunha lingua, se todo o discurso do poder vai dirixido a descualificar ese traballo, a que a xente interiorice que a súa lingua é unha lingua inútil. Os equipos de medio ambiente están queimados. E como non! En lugar de espallar e garantir os valores medioambientais, semella que todo está aberto á poxa, non importa o nivel de protección. En Alemaña e Francia, os gobernantes decláranse ecoloxistas, non digamos xa nos países nórdicos, mais en Galicia o termo "ecoloxista" aínda segue a ser utilizado como un alcume. Quen repartiu as pancartas de Touriñán, feitas en fábrica, onde se atacaba como demos aos ecoloxistas?

Os equipos de televisión tamén están queimados. Estar están queimados até os equipos de fútbol. No mundo do estres e da angustia laboral fálase da síndrome burn out. O estar queimado. Mais neste país semella unha síndrome nacional. A identidade de estar queimado.

Ía dicir que non temos dereito a estar tan queimados. Mais cos recortes que hai en todo, só faltaría que lle quitaran a un o dereito a estar queimado. Sen folgos. Sen esperanza. Sen nada.

O Rexurdimento tamén agromou en circunstancias de desacougo colectivo e cando moitas cousas semellaban perdidas ou en perigo de perderse. O que cómpre, cando un país está queimado, non é apagar a luz e encamalo. Pola contra, éche o intre de levar a contraria, montar un novo #Rexurdimento e botar un baile coa Negra Sombra.

viernes, 21 de octubre de 2011

CONCURSO CARTACES DA EoiCINE 20011

Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega da Escola Oficial de Idiomas da Coruña, de Santiago de Compostela e do Conservatorio Profesional de Ferrol convocan o Concurso de cartaces para anunciar o festival de curtametraxes CinEOI Coruña Curtas 2012.

Pode participar o alumnado dos seguintes centros educativos:

Escola Oficial de Idiomas da Coruña e as súa extensións
Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela e as súas extensións
Conservatorio Profesional de Música de Ferrol

BASES DO CONCURSO

I. TÉCNICA: libre (lapis, tinta, grafito, colaxe, relevo, ilustración dixital, etc.), tendo en conta que debe permitir a súa lexibilidade, reprodución e impresión e que, de feito, ten que ser entregado en formato dixital A3
II. Deberán poder incluír os logos dos diferentes organizadores e/ou colaboradores.
III. TEMA: libre, mais deberá aparecer o elemento do cinema ou comunicación audiovisual.
IV. IDIOMA:galego.

2. Cada concursante poderá presentar un só traballo, que entregará a través do enderezo electrónico revistafalamus@gmail.com ou na conserxería do Cmus Xan Viaño ; indicando nun arquivo adxunto o nome do autor, centro, curso e profesor/a.

3. A data límite para a entrega das obras será o 17 de Novembro de 2011. 4. O xurado estará composto por membros dos ENDL dos centros participantes e terá en conta a creatividade e a relación co tema proposto.

5. Premios: un xurado formado por membros dos equipos de normalización dos distintos centros concederá 2 premios:

1º premio: 70€ ( Vale para tenda de material informático, audiovisual e libros)
2º premio: 50€ en material musical
Haberá agasallos para todos os participantes.
O xurado poderá declarar desertos todos ou algún dos premios se non se acadase unha calidade axeitada 6. Os traballos premiados serán empregados para publicitar o Festival CinEOI Coruña Curtas 2012 e os gañadores ceden todos os dereitos aos organizadores
7. A participación neste concurso supón a aceptación destas bases.

miércoles, 19 de octubre de 2011

PROXECTO DE INNOVACIÓN LINGÜÍSTICA



Benvidos todos á noso blog!!!
Arrancamos este curso con gañas e a pesar da crise económica, temos moito entusiasmo para levar a cabo o noso proxecto de innovación lingüística.
Seguiremos coa edición do 4º número de FALAMUS asi como co concurso de fotografía e o de contos.

Como novidade temos o CONCURSO DE CARTACES do Festival de curtametraxes (cine) da Escola Oficial de Idiomas da Coruña, coa que colaboramos xunta a EOI de Santiago.
Axiña publicaremos as bases.

EDLG Xan Viaño