viernes, 21 de octubre de 2011

CONCURSO CARTACES DA EoiCINE 20011

Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega da Escola Oficial de Idiomas da Coruña, de Santiago de Compostela e do Conservatorio Profesional de Ferrol convocan o Concurso de cartaces para anunciar o festival de curtametraxes CinEOI Coruña Curtas 2012.

Pode participar o alumnado dos seguintes centros educativos:

Escola Oficial de Idiomas da Coruña e as súa extensións
Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela e as súas extensións
Conservatorio Profesional de Música de Ferrol

BASES DO CONCURSO

I. TÉCNICA: libre (lapis, tinta, grafito, colaxe, relevo, ilustración dixital, etc.), tendo en conta que debe permitir a súa lexibilidade, reprodución e impresión e que, de feito, ten que ser entregado en formato dixital A3
II. Deberán poder incluír os logos dos diferentes organizadores e/ou colaboradores.
III. TEMA: libre, mais deberá aparecer o elemento do cinema ou comunicación audiovisual.
IV. IDIOMA:galego.

2. Cada concursante poderá presentar un só traballo, que entregará a través do enderezo electrónico revistafalamus@gmail.com ou na conserxería do Cmus Xan Viaño ; indicando nun arquivo adxunto o nome do autor, centro, curso e profesor/a.

3. A data límite para a entrega das obras será o 17 de Novembro de 2011. 4. O xurado estará composto por membros dos ENDL dos centros participantes e terá en conta a creatividade e a relación co tema proposto.

5. Premios: un xurado formado por membros dos equipos de normalización dos distintos centros concederá 2 premios:

1º premio: 70€ ( Vale para tenda de material informático, audiovisual e libros)
2º premio: 50€ en material musical
Haberá agasallos para todos os participantes.
O xurado poderá declarar desertos todos ou algún dos premios se non se acadase unha calidade axeitada 6. Os traballos premiados serán empregados para publicitar o Festival CinEOI Coruña Curtas 2012 e os gañadores ceden todos os dereitos aos organizadores
7. A participación neste concurso supón a aceptación destas bases.

miércoles, 19 de octubre de 2011

PROXECTO DE INNOVACIÓN LINGÜÍSTICA



Benvidos todos á noso blog!!!
Arrancamos este curso con gañas e a pesar da crise económica, temos moito entusiasmo para levar a cabo o noso proxecto de innovación lingüística.
Seguiremos coa edición do 4º número de FALAMUS asi como co concurso de fotografía e o de contos.

Como novidade temos o CONCURSO DE CARTACES do Festival de curtametraxes (cine) da Escola Oficial de Idiomas da Coruña, coa que colaboramos xunta a EOI de Santiago.
Axiña publicaremos as bases.

EDLG Xan Viaño